POLÍTICA DE PRIVACIDADE
Avisos legais
En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, a continuación expóñense os nosos datos: Casa de Covés. Lugar de Covés, 95. 15614 Pontedeume.
Quen somos
A dirección da nosa web é: https://www.casadecoves.com
A utilización da web implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal no momento mesmo en que o Usuario acceda á páxina. En consecuencia, o usuario debe ler atentamente o presente Aviso Legal.
Casa de Covés poderá modificar ou actualizar, sen previo aviso, a información contida no seu sitio web, así como a súa configuración, presentación e condicións de acceso.
Toda a información, fotos e datos que aparecen nesta páxina web non teñen valor contractual e poden ser modificados sen previo aviso conforme á vontade de Casa de Covés.
O Usuario comprométese a utilizar a páxina web de conformidade coa lei e o presente Aviso Legal, así como coa moral e as boas costumes xeralmente aceptadas e o orden público.
Casa de Covés garante que todos os contidos e servizos que se ofrecen en www.casadecoves.com respectan o principio de dignidade da persoa, o principio de non discriminación por motivos de raza, sexo, relixión, opinión, nacionalidade, discapacidade ou calquera outra circunstancia persoal e social, así como o principio de protección da xuventude e da infancia.
Casa de Covés comprométese a través deste medio a NON REALIZAR PUBLICIDADE ENGAÑOSA. Non serán considerados como publicidade enganosa os erros formais ou numéricos que poidan atoparse ao longo do contido das distintas seccións do sitio web casadecoves.com, comprometéndose Casa de Covés a corrixilos tan pronto como teña coñecemento de tales erros.
Casa de Covés comprométese a NON REMITIR COMUNICACIÓNS COMERCIAIS SEN IDENTIFICALAS COMO TAIS, conforme ao disposto na Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e de comercio electrónico. Non será considerada comunicación comercial toda a información que se envíe aos clientes de Casa de Covés sempre que teña por finalidade o mantemento da relación contractual existente entre cliente e Casa de Covés, así como o desempeño de tarefas de información e outras actividades propias do servizo que o cliente poida contratar coa empresa.
Tanto o acceso a este sitio web como o uso que poida facerse da información contida no mesmo é da exclusiva responsabilidade de quen o realiza. Casa de Covés non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que poida derivarse dese acceso ou uso da información. Casa de Covés non se fai responsable dos posibles erros de seguridade que se poidan producir nin dos posibles danos que se poidan causar ao sistema informático do usuario (hardware e software), aos ficheiros ou documentos almacenados no mesmo, como consecuencia da presenza de virus no ordenador do usuario utilizado para a conexión aos servizos e contidos do sitio web, dun mal funcionamento do navegador ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.
Todo enlace de terceiros a este sitio web debe ser dirixido á súa páxina principal ou de entrada.
Casa de Covés e o usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro, sométense ao dos xulgados e tribunais do domicilio do usuario para calquera controversia que poida derivarse do acceso a este sitio web. No caso de que o usuario teña o seu domicilio fóra de España, Casa de Covés e o usuario sométense, con renuncia expresa a calquera outro foro, aos xulgados e tribunais da cidade da Coruña (España).